En Veta creamos espazos e oportunidades para que as persoas medren con nós asumindo novos retos vinculados á xestión forestal responsable.

Fomentamos a participación en proxectos, moitos deles transversais e interdisciplinares, que permiten coñecer a nosa empresa desde diferentes perspectivas e entender o impacto real do noso traballo no territorio.

Formación e innovación

En Veta apostamos polo desenvolvemento continuo das habilidades que permiten ao noso equipo adaptarse aos retos do monte do futuro. A formación en xestión forestal responsable, o coñecemento do produto e a comprensión dos procesos son fundamentais para entender quen somos e como traballamos. A innovación, a tecnoloxía e a mellora continua forman parte da nosa identidade e permítennos avanzar cara a un modelo forestal máis eficiente, responsable e conectado co territorio.

Desenvolvemento de proxectos

En Veta creamos espazos e oportunidades para que as persoas medren con nós asumindo novos retos vinculados á xestión forestal responsable. Fomentamos a participación en proxectos, moitos deles transversais e interdisciplinares, que permiten coñecer a nosa empresa desde diferentes perspectivas e entender o impacto real do noso traballo no territorio. Apostamos polo crecemento profesional e a aprendizaxe continua, favorecendo a colaboración e a innovación en cada paso do proceso.

Global e retos

En Veta, cada reto é unha oportunidade para innovar e medrar. Apostamos polo desenvolvemento profesional facilitando que os nosos equipos se enfronten a desafíos novos e transformadores, tanto no monte como na análise e planificación. O noso compromiso coa innovación, a tecnoloxía e a mellora continua impulsa a creatividade e fai que cada membro de Veta sexa parte dun proceso dinámico, colaborativo e con impacto real no territorio.

Falamos?

En Veta buscamos persoas que se atreven a pensar máis aló do habitual, achegando ideas frescas e innovadoras á xestión forestal responsable. Sabemos que a diversidade de pensamento é clave para avanzar, por iso valoramos as diferenzas e a capacidade de aprender de cada experiencia.

Se tes ganas de asumir retos, de coidar o monte e de contribuír a preservar o legado natural para as futuras xeracións, Veta é o lugar onde o teu potencial pode crecer sen límites.

IR A LINKEDIN