A nosa historia
Veta é a marca de Finsa especializada en servizos de xestión forestal responsable. Cunha traxectoria de case cen anos traballando na transformación industrial da madeira, en Finsa aprendemos a respectar e potenciar o valor do monte. A madeira ensinounos valores como a versatilidade, a solidez e a durabilidade, que agora trasladamos á nosa maneira de entender a xestión forestal.


Desenvolvemento rural
En Veta cremos no potencial do medio rural como motor de innovación e sostibilidade. A través dos nosos servizos de xestión forestal, impulsamos iniciativas que promoven o crecemento local, a conservación dos recursos naturais e a dinamización do territorio. Seguimos estes valores participando en proxectos como A Panda da Dá, que conectan persoas, monte e desenvolvemento responsable.

Queres traballar connosco?
CONTACTA CONNOSCO