En Veta ofrecemos diferentes servicios

A unión entre o monte e a industria

Industria madeireira responsable e con valor engadido.

En Veta ofrecemos un servizo integral para a industria madeireira, que inclúe desde a planificación técnica das masas forestais ata o aproveitamento final da madeira.

Traballamos para garantir unha xestión eficiente, responsable e rendible dos recursos naturais, promovendo a continuidade da cadea de valor forestal.

imagen de una pila de trocos cortados

Adquisición de madeira

Planificación e asesoramento técnico para un aproveitamento responsable do monte. Analizamos o terreo, elaboramos cartografía e definimos propostas de actuación, considerando restricións legais e técnicas.

imagen pales de puntales de madera

Xestión de biomasa

Xestión do ciclo forestal, dende a rexeneración e plantación ata o aproveitamento final. Incluímos tratamentos silvícolas para maximizar o valor da madeira e garantir a saúde do monte. Traballamos para que cada acción contribúa ao mellor aproveitamento dos recursos naturais e á conservación dos ecosistemas forestais, asegurando un futuro máis verde e rendible.

imagen de una maquina pesada utilizada el la gestion de madera

Subministración de madeira

Mercamos, aproveitamos e subministramos madeira de forma eficiente e segura. Contamos con operadores especializados e xestionamos o transporte para un servizo completo.

Comunidade de montes

En Veta ofrecemos solucións personalizadas para a xestión responsable do monte, adaptadas ás necesidades específicas de cada propiedade forestal.

Dende a planificación e plantación ata o aproveitamento ordenado da madeira e o transporte, traballamos de maneira integral para garantir a rendibilidade e o respecto polo medio natural.

Formalizamos convenios de colaboración a longo prazo, facilitando que as comunidades de montes e os propietarios forestais poidan xestionar os seus recursos de forma eficiente e responsable, asegurando o desenvolvemento a longo prazo dos seus montes.

Adquisición de madeira

Construímos xuntos solucións para maximizar o valor dos teus recursos forestais. Desde a planificación inicial e análise do terreo ata estratexias de actuación.

Servizos forestais

En Veta realizamos unha xestión completa do ciclo forestal co foco na posta en valor do teu monte. Os traballos previos, a preparación do terreo, a plantación, a fertilización e os tratamentos silvícolas para garantir a saúde e produtividade son os obxectivos da nosa xestión.

Planificación forestal

Veta está a liderar a transformación dixital do sector forestal. Estamos a incorporar tecnoloxías avanzadas como satélites, drons, sensores e intelixencia artificial para modernizar os procesos tradicionais. O obxectivo é claro: optimizar a xestión forestal e asegurar a sustentabilidade dos recursos naturais.

Convenios

Formalizamos convenios de colaboración a longo prazo con Comunidades de Montes e propietarios forestais, creando relacións duradeiras e de beneficio mutuo para garantir unha xestión responsable do monte e un aproveitamento equilibrado dos seus recursos.

Particulares

Xestión integral do monte para particulares. Somos o teu aliado na xestión integral do monte: asesoramento experto, coidado completo (rexeneración, mantemento, seguimento), e aproveitamento eficiente e rendible da madeira

Adquisición de madeira

En Veta, axudámoste a maximizar a rendibilidade do teu monte. Tras unha visita para avaliar a madeira, elaboramos un plan de venda detallado e transparente, adaptado ás túas necesidades. O noso compromiso é garantir a sostibilidade a longo prazo dos teus recursos forestais

Servizos forestais

En Veta, aseguramos unha produción forestal eficiente e de alta calidade cunha xestión integral do monte. Isto inclúe dende a selección e plantación das especies axeitadas e a mellora do solo, ata o mantemento e seguimento do crecemento e a realización de tratamentos silvícolas esenciais (podas, rareos, etc.), garantindo así un monte en óptimas condicións.

Asesoramento e planificación forestal

Ofrecemos asesoramento e xestión forestal completos: planificación, rexeneración, mantemento e aproveitamento da madeira, para un servizo integral e sostible.

Asesoramento e planificación forestal

Ofrecemos asesoramento e xestión forestal completos: planificación, rexeneración, mantemento e aproveitamento da madeira, para un servizo integral e sostible.