A Panda da Dá

Predio

A finca de 410 ha, situada na súa maior parte no Concello das Pontes, foi adquirida por Finsa en 1989. Desde entón, a compañía leva a cabo actividades forestais baseadas nun modelo de xestión que permite aprender e difundir boas prácticas, así como certificar a produción madeireira cos principais selos de sustentabilidade.

Usos

Na actualidade, o uso principal da finca é o aproveitamento madeireiro baseado en plantacións de diferentes especies, maioritariamente Pinus radiata, unha especie de gran interese pola calidade da súa madeira e as súas múltiples aplicacións.

Proxecto

A finca é punto de encontro e espazo de aprendizaxe, que serve como centro de interpretación e de conexión coa orixe da madeira e tamén invita a levar a cabo diferentes probas e xornadas, avaliando o seu impacto no ecosistema.

A finca aspira a evolucionar e a converterse nunha superficie onde se xeren experiencias compartidas e se intercambien coñecementos, habilidades e procesos, establecendo unha relación máis próxima con diferentes colectivos, como comunidades veciñais de montes mancomunadas e outras propiedades forestais coas que colabora Finsa.

Fundación RIA

Co apoio da Fundación RIA, Finsa impulsou un concurso de arquitectura aberto para rehabilitar arquitectónica e paisaxisticamente a finca de A Panda da Dá e consolidala como un espazo de oportunidades para a xestión responsable do territorio.

O concurso ten carácter aberto, non anónimo e conta coa intervención dun xurado. Está dividido en dúas fases: unha primeira de envío de portafolios e outra de elaboración de propostas a nivel de anteproxectos para os cinco equipos finalistas.

Concurso

O concurso de arquitectura que se convocou en novembro ten como finalidade e obxectivo potenciar todo este capital de A Panda da Dá, buscando a rehabilitación das edificacións e o espazo para crear novas oportunidades en ámbitos formativos e de investigación.